Saltar ao contido

Lingua palta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palta
Falado en: Ecuador
Rexións: Amazonia
Extinción: Era colonial
Familia: Xíbara (incerto)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: Ningún
Mapa
Status

O palta é unha lingua indíxena de América, actualmente extinta, pero falada en tempos coloniais no sur de Ecuador. O palta, ao igual que o malacata, adscríbense usualmente á familia xíbara.

A documentación sobre o palta é realmente escasa, as únicas palabras do palta coñecidas son, a parte de posibles topónimos:[1] yumé 'auga', xeme 'millo', capal 'lume', let 'madeira'. As tres primeiras foron relacionadas coas linguas xíbaras. Jacinto Jijón y Caamaño (1936) clasificouna en lingua xibara por estas probas. Kaufman (1994) expón que hai "un certo parecido", e Adelaar (2004) fala dunha conexión razoable. Entre os topónimos considéranse aqueles que rematan en -anga, -numa, -namá. Estes dous últimos autores suxiren que vén do sufixo do caso locativo xibaroano -num ~ -nam, aínda que Torero (1993) apunta que vén do aguaruna (xíbara) namák(a) 'río'.

  1. Jiménez de la Espada, 1965

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jiménez de la Espada, Marcos, ed. (1965 [1586]): Relaciones geográficas de Indias: Perú, 3 vols. Biblioteca de Autores Españoles 183–5. Madrid: Atlas.
  • Jijón y Caamaño, Jacinto (1936–8): Sebastián de Benalcázar, vol. 1 (1936) Quito: Imprenta del Clero; vol. 2 (1938) Quito: Editorial Ecuatoriana.
  • Jijón y Caamaño, Jacinto (1940–5): El Ecuador interandino y occidental antes de la conquista castellana, vol. 1 (1940), vol. 2 (1941), vol. 3 (1943), vol. 4 (1945). Quito: Editorial Ecuatoriana (1998 edition, Quito: Abya-Yala).